Persoal dos medios públicos chama a unha "nova mobilización" contra a "perigosa deriva da Televisión de Galicia e da Radio Galega". O comité intercentros da CSAG (antiga CRTVG) denuncia o que considera "estratexias do PP para combater a oposición e crear un estado de opinión aliñado coa ideoloxía conservadora ou ultraconservadora do partido que goberna na Xunta e aspira a gobernar no Estado" mediante os novos editoriais previos aos informativos, a "creación paseniña dunha redacción paralela" ou os "formatos de infoentretemento" elaborados por produtoras privadas. A representación do persoal ve "necesaria unha nova reacción" social "para esixir o rescate da CSAG como fixo na manifestación de novembro de 2022". Na imaxe, concentración o pasado día 23 na sede central dos medios públicos para alertar do "agravamento da manipulación".
- A CSAG engade editoriais aos informativos e persoal denuncia "un agravamento da manipulación"
- HEMEROTECA | A segunda condena á CRTVG por represaliar persoal crítico: "Supón un antes e un despois"
- HEMEROTECA (2022) | “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”: unha manifestación reclama a fin do “secuestro da Xunta”