A Mesa do Congreso abre expediente sancionador á deputada ourensá do PP Ana Vázquez por portar un spray de gas pementa no pleno da pasada semana. Este tipo de expedientes por incumplir o Regulamento, neste caso por introducir no recinto parlamentario un obxecto que segundo esta mesma norma é unha arma, poden implicar unha suspensión temporal da condición de deputada. A manipulación do bote nun dos baños da sede do Congreso implicou que varias persoas tivesen que ser atendidas por efectos do gas, entre outras alteracións.
Fálase
Varias cidades galegas acolleron no serán deste luns concentracións polo dereito á vivenda. Á de Santiago, na Alameda, asistiu a líder da oposición en Galicia, Ana Pontón, e outros cargos do BNG. A nacionalista pide ao Goberno de España "pensar na maioría e non na minoría de grandes propietarios" porque "hai moita xente mirando para este decreto" que o Executivo quere aprobar este martes para facer fronte á crise da vivenda. Na concentración puideron escoitarse berros como "nin casas sen xente, nin xente sen casas" ou "o rendismo é o terrorismo".
Persoal dos medios públicos chama a unha "nova mobilización" contra a "perigosa deriva da Televisión de Galicia e da Radio Galega". O comité intercentros da CSAG (antiga CRTVG) denuncia o que considera "estratexias do PP para combater a oposición e crear un estado de opinión aliñado coa ideoloxía conservadora ou ultraconservadora do partido que goberna na Xunta e aspira a gobernar no Estado" mediante os novos editoriais previos aos informativos, a "creación paseniña dunha redacción paralela" ou os "formatos de infoentretemento" elaborados por produtoras privadas. A representación do persoal ve "necesaria unha nova reacción" social "para esixir o rescate da CSAG como fixo na manifestación de novembro de 2022". Na imaxe, concentración o pasado día 23 na sede central dos medios públicos para alertar do "agravamento da manipulación".
- A CSAG engade editoriais aos informativos e persoal denuncia "un agravamento da manipulación"
- HEMEROTECA | A segunda condena á CRTVG por represaliar persoal crítico: "Supón un antes e un despois"
- HEMEROTECA (2022) | “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”: unha manifestación reclama a fin do “secuestro da Xunta”
Mobilizacións polo dereito á vivenda en Vigo, A Coruña e Santiago na véspera do novo decreto estatal. Alianza pola Vivenda, Plataforma polo Dereito á Vivenda e diversas organizacións convocan novas concentracións para este serán para esixir que a norma que saia mañá do Consello de Ministros inclúa medidas como a conxelación dos alugueiros ou restricións para os grandes propietarios.
Rueda di que o acordo co PSdeG sobre o galego no ensino "a quen lle corresponde executalo é á Xunta e hai que facer unha execución lóxica, viable". Tras as discrepancias xurdidas aos poucos minutos entre populares e socialistas sobre se as materias científico-técnicas ou sociais deben darse en galego ou castelán en bloque ou de xeito individualizado, o presidente remite a concreción ao que o Goberno galego estableza na normativa que prevé aprobar nas próximas semanas a través da lei de acompañamento dos Orzamentos para o próximo ano.
Medio Rural informa da “extinción” do incendio de Quiroga e dá por “controlado” o de Calvos de Randín, con preto de 520 hectáreas afectadas. A Consellería de Medio Rural informou este domingo de que pouco antes das 14.00 horas quedou extinguido o lume no concello lucense de Quiroga, con 467 hectáreas queimadas, na súa meirande parte arborado. Ademais, desde pouco despois das 13.15 horas deste domingo deuse por “controlado” o lume en Calvos de Randín e, segundo as últimas medicións, afecta unha superficie de 518 hectáreas.
[Imaxe: incendio Randín. ATBrif]
Centos de persoas acampan en Madrid para exixir o “decreto Maricarmen”. Varios centos de persoas pasaron a noite na Porta do Sol de Madrid para exixir a aprobación do decreto sobre vivenda, que xa bautizaron como 'decreto Maricarmen', no Consello de Ministros que se celebrará o vindeiro martes.
[Imaxe: @InquilinatoMad]
Falece en Vigo ‘Peón Kurtz’, un dos fundadores da banda Def Con Dos. Na noite deste venres, 25 de setembro, morreu José Costas Peón, coñecido como ‘Peón Kurtz’, fundador de Def Con Dos e irmán de Miguel Costas Peón (Siniestro Total) e Rosa Costas Peón (Aerolíneas Federales). “Peón Kurtz amou profundamente a música, o cinema e os cómics, case tanto como á súa nai, ao seu fillo e aos seus irmáns”, subliña o xornalista e escritor Renato Landeira, que informou da noticia en redes sociais.
A compostelá Alejandra Neira, campioa do mundo de ciclismo na categoría junior. A corredora galega do Movistar impúxose no Mundial que está a celebrarse en Montreal. [Imaxe: © RFE Ciclismo]
Susana Rodríguez gaña o seu oitavo título mundial nos mundiais de tríatlon que se celebran en Pontevedra. A galega vence, xunto a súa guía Sara Pérez, na proba de paratriatlon, na que é a súa terceira medalla de ouro consecutiva.