En marcha as primeiras mobilizacións da xornada pola vivenda en Galicia, as de Santiago, Ourense e Ferrol. Esta tarde (19:00) continúan as protestas en Vigo, A Coruña e Lugo e o luns, en Pontevedra. Nesta ligazón, todos os detalles das convocatorias e o máis destacado das manifestacións, este serán en Praza.gal. Na imaxe, inicio da concentración na compostelá Praza do Obradoiro, este mediodía, á que tamén acudiron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. [CC BY-NC-SA CA]