Feijóo reitera na Toxa que promovería a construción de "un millón" de vivendas en catro anos se o PP goberna en España. Rueda aplaude o discurso do ex-presidente no Foro La Toja afirmando que "España necesita recuperar a normalidade e dar a palabra aos españois". Durante os seus trece anos como titular da Xunta comezaron a construírse en Galicia pouco máis de 5.000 vivendas protexidas, máis da metade no primeiro ano, con múltiplos proxectos 'herdados' do Goberno de PSdeG e BNG, e nos seguintes mandatos quedaron reducidas á mínima expresión. Na imaxe, distribuída pola Xunta, Feijóo conversa co presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, en presenza de Rueda durante o Foro La Toja. [CC BY-SA Xoán Crespo/ Xunta]