Unha concentración rodeou este domingo a sede central da Xunta para rexeitar “máis de 75 macroproxectos eólicos especulativos”. As entidades convocantes aseguran defender unha transición enerxética “xusta e sustentable e non á costa de todo”. [Imaxe: Adega]
Fálase
Mariano Rajoy di que “como veciño” de Sanxenxo está contento da presenza na vila do rei emérito. Declarouno durante un paseo co alcalde da vila, o popular Telmo Martín, que aspira á reelección o 28 de maio e que convocou aos medios de comunicación. [Imaxe: PP de Sanxenxo]
A Real Academia Galega lembra que Sanxenxo é un topónimo galego e que esta é a única forma oficial recoñecida segundo a lexislación vixente. A RAG, como institución con competencia sobre o idioma galego e o seu uso, só recoñece esta forma, afirma nun comunicado a raíz das numerosas consultas recibidas despois de que a Real Academia Española recomendase empregar "a forma tradicional Sangenjo".
A académica correspondente Luz Méndez, membro do Seminario de Onomástica da RAG e presidenta da Asociación Galega de Onomástica, ten publicada unha tribuna sobre o topónimo Sanxenxo no sitio web da RAG. [Na imaxe, diferentes grafías deste topónimo]
O TSXG impón 600 euros en costas á empresa promotora do parque eólico do Oribio ao desestimarlle un novo recurso logo de que o Supremo anulase en outubro definitivamente o permiso que lle dera a Xunta. Ademais do recurso de casación ante o Supremo a empresa presentara tamén un recurso de casación autonómico polo que consideraba unha dubidosa interpretación da lei que requiría aclarar. O TSXG dille que non e ratifícase na súa sentenza de nulidade do permiso da Xunta avalada polo Supremo.
- HEMEROTECA (10/10/2022) | O Supremo anula definitivamente o permiso da Xunta ao parque eólico do Oribio
- HEMEROTECA |(15/12/2020) | O Tribunal Superior anula a autorización da Xunta dun parque eólico na Serra do Oribio por contravir a lei
Rueda cita a Besteiro o 2 de maio, un mes despois da súa toma de posesión como delegado do Goberno de España, segundo avanza Europa Press na súa web, que conta que a Xunta recibiu este mesmo venres a petición formal de reunión. O presidente da Xunta asistiu o pasado 3 de abril á toma de posesión do socialista, ao que pedira que “non intente facer política”, pero no acto Besteiro proclamou que “claro” que volve para “facer política”.
A RAE advirte de que a "forma tradicional Sangenjo" é a "indicada para falar ou escribir en español" ao referirse a Sanxenxo agás en textos oficiais xerados pola Administración. A Academia da Lingua Española responde así a unha consulta tras o uso da forma oficial nunha información da TVE.
Os restos de José Antonio Primo de Rivera, fundador da Falange, serán exhumados do Valle de los Caidos o luns vindeiro en aplicación da Lei de Memoria Democrática. A familia de Primo de Rivera xa iniciara os trámites hai meses para trasladalo dende Cuelgamuros a un cemiterio. [Imaxe: CC-BY-NC-ND Jesús Pérez Pacheco]
- A Lei de Memoria Democrática suprime o título de conde de Fenosa 67 anos despois
- Os fondos de Memoria Democrática enviados polo Estado a Galicia servirán para exhumar foxas na Capela, Lousame e Celanova
- HEMEROTECA (2019) | A exhumación de Franco acaba con 44 anos de permitida exaltación do ditador no seu mausoleo
A Xunta aproba o anteproxecto da nova lei de incendios que prometeu hai máis de dous anos. O Consello da Xunta aprobou este xoves o documento e di que prevé ter o proxecto de lei para posteriormente envialo ao Parlamento "este ano".
O Congreso aproba a reforma da lei de liberdade sexual formulada polo PSOE, por 233 votos a prol (PSOE, PP, Ciudadanos, PNV, PDeCAT, CC, Foro Asturias, Navarra Suma) 59 en contra (Unidas Podemos, ERC, EH-Bildu, BNG, Más País, Compromís) e 4 abstencións (JxCat). Os membros do Goberno que son deputados votaron con cadanseus grupos -PSOE "si", UP "non"-. A extrema dereita de Vox non votou. Na imaxe, a ministra de Igualdade, Irene Montero, intervén na defensa do texto orixinal da lei. A modificación continúa agora trámite no Senado. [Imaxe © Congreso]
Suspendida a folga médica convocada polo sindicato CESM tras pechar a pasada noite un pacto co Sergas que inclúe aumentar remuneracións das gardas e que persoal médico que traballa na privada cobre tamén dende 2024 o complemento que ata agora recibe o que traballa só na sanidade pública. Esta mobilización obrigou a cancelar milleiros de consultas, probas e operacións cirúrxicas.