A Xunta aproba o anteproxecto da nova lei de incendios que prometeu hai máis de dous anos. O Consello da Xunta aprobou este xoves o documento e di que prevé ter o proxecto de lei para posteriormente envialo ao Parlamento "este ano".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/fyirz-cx0am5f58-5a99d28-83373a2.jpeg)
A Xunta aproba o anteproxecto da nova lei de incendios que prometeu hai máis de dous anos. O Consello da Xunta aprobou este xoves o documento e di que prevé ter o proxecto de lei para posteriormente envialo ao Parlamento "este ano".
O Congreso aproba a reforma da lei de liberdade sexual formulada polo PSOE, por 233 votos a prol (PSOE, PP, Ciudadanos, PNV, PDeCAT, CC, Foro Asturias, Navarra Suma) 59 en contra (Unidas Podemos, ERC, EH-Bildu, BNG, Más País, Compromís) e 4 abstencións (JxCat). Os membros do Goberno que son deputados votaron con cadanseus grupos -PSOE "si", UP "non"-. A extrema dereita de Vox non votou. Na imaxe, a ministra de Igualdade, Irene Montero, intervén na defensa do texto orixinal da lei. A modificación continúa agora trámite no Senado. [Imaxe © Congreso]
Suspendida a folga médica convocada polo sindicato CESM tras pechar a pasada noite un pacto co Sergas que inclúe aumentar remuneracións das gardas e que persoal médico que traballa na privada cobre tamén dende 2024 o complemento que ata agora recibe o que traballa só na sanidade pública. Esta mobilización obrigou a cancelar milleiros de consultas, probas e operacións cirúrxicas.
Rueda reitera que a viaxe do rei Juan Carlos a Sanxenxo é "positiva" dende "o punto de vista da promoción de Galicia" porque implica que "se pon un foco para que se fale de Galicia de Sanxenxo" e nese sentido "está moi ben". En declaracións ao programa de Ana Rosa Quintana en Telecinco, o xefe do Executivo afirma que así o considera "fóra doutras valoracións" que non lle "corresponden como presidente da Xunta".
Gandeiros toman as rúas de Lugo con vacas e uns 400 tractores en protesta polos "prezos baixos" da carne. Os produtores de Ternera Suprema alertan dos "altos custos de produción" e dos "recortes na PAC".
O Tribunal Constitucional avala a reforma educativa de 2020 e considera conformes á Constitución preceptos da vixente lei educativa como prohibir a subvención pública a colexios que segregan o alumnado por sexo. Considera tamén que o texto garante o ensino do castelán e do resto de idiomas oficiais. Faino, segundo informa nun comunicado, ao desestimar o recurso que a formación de extrema dereita Vox presentara contra a alcumada como lei Celáa, en referencia á ministra de Educación que a impulsou.
Galicia reduciu a emisión de gases de efecto invernadoiro un 34% en 2021 con respecto a 1990 e foi a segunda comunidade autónoma cun maior descenso, segundo adiantou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.
Manuel Fernández de Sousa, ex-presidente de Pescanova, entra en prisión, onde permanecerá seis anos logo de ser condenado pola súa xestión na empresa. O empresario ingresou este martes no cárcere de Soto del Real (Madrid).
O xulgado fixa o 26 de xuño como data na que os Franco poderán retirar de Meirás os poucos bens que a Audiencia da Coruña lles permite levar: unhas imaxes relixiosas, unha lámpada e unhas alfombras.
O próximo curso escolar comezará o 11 de setembro e rematará o 21 de xuño. Así o acordaron este martes Xunta e sindicatos, que tamén fixaron as vacacións de Nadal do 22 de decembro ao 7 de xaneiro. O Día do Ensino será o 7 de decembro e tampouco será lectivo.