Rueda cita a Besteiro o 2 de maio, un mes despois da súa toma de posesión como delegado do Goberno de España, segundo avanza Europa Press na súa web, que conta que a Xunta recibiu este mesmo venres a petición formal de reunión. O presidente da Xunta asistiu o pasado 3 de abril á toma de posesión do socialista, ao que pedira que “non intente facer política”, pero no acto Besteiro proclamou que “claro” que volve para “facer política”.
