Os concellos de Vigo e Pontevedra ordenan a retirada dunha campaña antiabortista instalada nalgunhas marquesiñas desas cidades. O de Vigo asegura nun comunicado que “ordenou a retirada inmediata” da campaña “tan pronto tivo coñecemento da mesma, que cualifica de “propaganda sexista contraria aos dereitos constitucionais”. O de Pontevedra, segundo informa PontevedraViva, esixiu á empresa concesionaria dos espazos publicitarios a “inmediata” retirada dun material que cualifica como “noxento”. [Imaxe: Marea de Vigo]
- HEMEROTECA (2012) | Anticoncepción e aborto en Galicia: do centro 'Quérote' á Red Madre