O PSdeG atribúe ás "diferentes condicións laborais que ten o Sergas" que "máis do 80% dos MIR que se forman en medicina de familia e comunitaria" en Galicia acaben traballando fóra. Feijóo, di o voceiro parlamentario socialista, Luis Álvarez, busca no Goberno de España "un responsable externo ao que responsabilizar da súa propia falla de capacidade para resolver os problemas" da Atención Primaria.
