A Xunta anuncia que os socios do Celta terán prioridade para mercar as entradas do concerto de Muse que patrocina o Xacobeo no estadio municipal de Balaídos. O Goberno galego di que este xoves haberá unha “prevenda” para os socios da sociedade anónima deportiva “con motivo do centenario do club” e que o venres poderán ser adquiridas polo resto de persoas. O concerto é o 8 de setembro, o aforo será de 14.000 persoas e o prezo de 65 euros. [Imaxe: Xunta de Galicia].
Fálase
Ana Cabaleiro, gañadora do I Premio Exeria de creación literaria con Shukran, no que "non só aborda unha viaxe ao Sáhara realizada pola súa autora, senón que reflexiona sobre o sentido da viaxe, o choque entre as expectativas e a realidade atopada e a evolución social e política dos nosos xeitos de viaxar". O Certame está coorganizado polo Concello de Santiago.
A Xunta prevé que a vacina da Meninxite B para bebés sexa gratuíta “a partir de novembro”. Alfonso Rueda prometeu en maio no seu debate de investidura que o Sergas sumaría tres novas vacinas gratuítas ao calendario infantil (meninxite B, virus do papiloma humano para nenos e non só para nenas e antigripal tetravalente) e este xoves o Consello da Xunta autorizou a contratación das primeiras. [Na imaxe, vacinación infantil contra a COVID - CC BY-SA Xunta]
- HEMEROTECA | Ter un bebé en Galicia: Vacínao, pero págao ti
O Parlamento fai pública a declaracións de bens de Feijóo tras o seu cesamento como deputado despois de pasar pola comisión correspondente. O seu contido coincide coa que entregou ao Senado, que reflicte que é accionista de Inditex e investidor con Abanca, así como un notable incremento patrimonial polo que o BNG pediu a súa comparecencia, freada polo PP. Na imaxe, Feijóo o pasado 25 de xullo en Santiago, flanqueado polos presidentes da Xunta e do Parlamento e mais coa vicepresidenta Yolanda Díaz e co alcalde de Santiago.
Jácome cesa os concelleiros do PP e acúsaos de xogar con Ourense “polos tempos electorais do seu novo candidato".
Rafael Louzán, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, será o novo responsable da Segunda Federación, cuarta categoría do fútbol profesional español. A Audiencia Provincial ratificou o pasado maio a súa condena por prevaricación e a súa inhabilitación para emprego ou cargo público.
O presidente da Xunta e membros do Goberno central asistiron esta mañá á ofrenda da Casa Real na Catedral de Santiago, onde Felipe VI pediu a intercesión do Apóstolo para "atopar certezas" á hora de afrontar os actuais momentos "moi duros". Foto: CC-BY Xunta.
Santiago acolleu a pasada noite os tradicionais Fogos do Apóstolo, que volveron ser lanzados dende cinco puntos diferentes da cidade. Este espectáculo pirotécnico deu paso ao día grande das festas da capital galega e a este Día Nacional de Galicia. [Imaxe: © Concello de Santiago]
O Sergas emite un comunicado para asegurar que os puntos de atención continuada (PAC) de Pontevedra e o Salnés contan con médico este venres e sábado en todas as quendas, algo que non sempre vén ocorrendo.
Ferroatlántica detén a produción do último forno que tiña en funcionamento en Sabón (Arteixo) e avanza un ERTE en setembro.