23X | O prazo para remitir o voto por correo nas eleccións xerais queda ampliado ao 20 de xullo, segundo o fixado pola Xunta Electoral Central, que tamén publica este venres no BOE a esixencia de amosar o DNI ou outro documento identificativo oficial (pasaporte, permiso de conducir, tarxeta de residencia ou "calquera outro válido que permita identificar o elector") nesa entrega. Ata agora, só era preciso amosar o carné ao tramitar a solicitude do voto por correo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/voto-correo-23x-b8b4447.jpeg)