Homenaxe ás vítimas do franquismo e reivindicación da memoria, en San Simón. Centos de persoas reclamaron neste domingo a declaración da Illa de San Simón e o Pazo de Meirás como lugares de memoria democrática.
[Foto: Iniciativa galega pola memoria]
Homenaxe ás vítimas do franquismo e reivindicación da memoria, en San Simón. Centos de persoas reclamaron neste domingo a declaración da Illa de San Simón e o Pazo de Meirás como lugares de memoria democrática.
[Foto: Iniciativa galega pola memoria]
Madrugada de colectores incendiados e fachadas afectadas na Coruña. Os bombeiros da Coruña tiveron que extinguir o lume en 16 colectores e un vehículo aparcado; houbo varias fachadas e escaparates afectados no medio da folga do servizos de recollida do lixo, segundo informaron os servizos de emerxencia.
[Foto: Bombeiros Coruña]
Centos de persoas participan nunha foliada reivindicativa contra Altri en Agolada. A música e os berros de “Altri Non” foron os protagonistas da foliada organizada polo colectivo Agolada Viva da Plataforma Ulloa Viva este sábado en Brocos. O acto tivo lugar na zona do encoro de Portodemouros, quilómetro O da captación de auga que pediu Altri á Xunta de Galicia para a súa macrocelulosa en Palas de Rei.
O Concello da Coruña presenta, sen o Dépor, a reforma de Riazor para acoller o Mundial 2030. “Nin o Club nin os seus accionistas están dispostos a pór en risco a sustentabilidade do Club para dar resposta a unha aventura da que nunca foron partícipes nin foron consultados para formar parte dela”, di o Dépor nun comunicado.
O BNG reclama un plan de fomento do acollemento familiar para os menores migrantes non acompañados. A deputada Ariadna Fernández critica a falta de sensibilidade do PP e pide destinar máis recursos ao sistema de protección social para garantir os dereitos das crianzas en acollida.
Xunta e Deputación de Pontevedra asinan a compra do antigo Cine Fraga de Vigo a Abanca por 9,3 millóns de euros, dos que o 51% é achegado polo Goberno galego e o restante, pola institución provincial. O histórico edificio chegara a ser rehabilitado case por completo por Caixa Galicia un proxecto que ascendía a 16 millóns de euros, iniciado apenas dous anos antes da fusión con Caixanova. Este mesmo venres o Concello de Vigo aprobou en pleno pedir a Abanca a "cesión ou doazón gratuíta á cidade" e lamentou a "opacidade" da operación pechada pola Xunta.
Riazor será un dos 11 estadios propostos pola Federación Española de Fútbol para acoller o Mundial 2030, segundo vén de confirmar a RFEF. Na lista finalmente non se atopa Balaídos, a pesar dos intentos realizados nas últimas semanas polo Goberno español para incluír a sede olívica. A Coruña será unha das cidades mundialistas, xunto con Madrid, Barcelona, Bilbao, Donostia, Zaragoza, Sevilla, Málaga e As Palmas de Gran Canaria. A proposta da RFEF inclúe tamén unha serie de subsedes, entre as que aparecen a Cidade Deportiva Afouteza e a Cidade Deportiva A Madroa (en Vigo).
A alcaldesa da Coruña anuncia a contratación "excepcional" dunha nova empresa de recollida do lixo mediante a declaración da emerxencia sanitaria se en 72 horas a cidade non está en "condicións óptimas de salubridade". "É imprescindible actuar con firmeza ante unha chantaxe", afirma Inés Rey, quen subliña que a folga impulsada polo STL non está centrada "nos dereitos dos traballadores". "O máis cómodo sería ceder, como se fixo os últimos 18 anos, retirar as sancións e volta a empezar", mantén a rexedora, quen reprocha "prácticas de carácter violento que poñen en risco á cidade" e manifesta "todo o apoio" ao persoal que "vive nun réxime de medo" por non secundar o STL.
Un fallo global en Microsoft provocado pola plataforma de ciberseguridade Crowdstrike causa caídas en sistemas informáticos de institucións e empresas de todo o mundo ao impedir funcionar con normalidade ordenadores co sistema operativo Windows. Entre os afectados están centros de saúde do Sergas, cando menos no acceso ás historias clínicas electrónicas e Abanca tamén confirma fallos nos seus servizos tanto vía web como a través de aplicación. Tamén Aena, a xestora dos aeroportos españois, que informa de que está "desenvolvendo as operacións con sistemas manuais", o que pode provocar demoras. [Imaxe: CC BY-SA Clint Patterson/Unsplash]
Falece o actor Xabier Deive aos 54 anos. O pasamento vén de ser confirmado a través das redes sociais polo seu representante, Alejandro Albaiceta. "É inxusto, inesperado e moi doloroso polo inmenso vacío que deixa", resalta tras sinalar que marchou "como a estrela do rock and roll que era: discretamente". "Este -engade- era o seu estilo: non facer mais ruído do estritamente necesario. Deixar que o seu traballo e as súas personaxes falasen por el". Deive desenvolveu unha ampla traxectoria tanto no cinema como no teatro e na televisión. En 2014 conversamos con el nesta entrevista xunto a Luís Iglesia sobre o seu traballo e a situación da cultura galega. [Imaxe: © AAAG]