A alcaldesa da Coruña anuncia a contratación "excepcional" dunha nova empresa de recollida do lixo mediante a declaración da emerxencia sanitaria se en 72 horas a cidade non está en "condicións óptimas de salubridade". "É imprescindible actuar con firmeza ante unha chantaxe", afirma Inés Rey, quen subliña que a folga impulsada polo STL non está centrada "nos dereitos dos traballadores". "O máis cómodo sería ceder, como se fixo os últimos 18 anos, retirar as sancións e volta a empezar", mantén a rexedora, quen reprocha "prácticas de carácter violento que poñen en risco á cidade" e manifesta "todo o apoio" ao persoal que "vive nun réxime de medo" por non secundar o STL.
