O WOS Festival anuncia que non organizará a súa edición 2024. O evento compostelán, que comezou a celebrarse en 2014, toma "unha pausa" para "repensar" o formato e volver en 2025. Os responsables da cita explican que "nos últimos tempos o contexto no que se desenvolve o festival cambiou drasticamente. Os custos aumentaron considerablemente e os prazos de planificación reducíronse. Nestes condicións, resúltanos moito máis difícil que o proxecto teña a calidade que desexamos e que o noso público merece"
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/21751680-1948536322084061-6785083110247121950-n-9a25f78.jpeg)