Constituído en Estrasburgo o Parlamento Europeo elixido nos comicios do pasado xuño. A primeira sesión reelixiu a popular Roberta Metsola como presidenta da Eurocámara para os primeiros dous anos e medio da lexislatura por unha ampla maioría absoluta (562 votos dos 623 emitidos). Neste pleno comezaron a exercer tamén os referentes galegos das diferentes formacións políticas. Os populares Millán Mon e Vázquez Lázara aseguran ter o propósito de "impoñer o sentidiño" na institución; o socialista Nicolás González Casares salienta o "compromiso de defender os asuntos que teñen que ver con Galicia" e Ana Miranda (BNG) prometeu "moito traballo" acompañada por Ana Pontón, que a sinala como "a embaixadora de Galiza en Europa para defender os intereses do país".
- Casares, Miranda e Mon xa son eurodeputados galegos da nova lexislatura
- O PP gaña pero Feijóo non esmaga, o PSOE resiste, o BNG sorrí
- ENTREVISTA | Casares: "O PP faille as beiras á ultradereita, en paralos vainos a vida do proxecto europeo e dos dereitos e liberdades"
- ENTREVISTA | Miranda: "Se Galiza tivo relevancia en Europa nestes anos foi por levar o BNG os temas galegos"
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/constitucion-europarl-08b8a6a.jpeg)