Yolanda Díaz anuncia un acordo entre PSOE e Sumar "para a derrogación da Lei Mordaza", atinxindo a "todos os delitos vencellados ás liberdades públicas" ou "ás inxurias ao rei", exemplifica. A última tentativa para modificar esta lei decaeu no Congreso en marzo de 2023. Tamén, avanza a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, ambas forzas pactaron unha reforma da Lei de Publicidade Institucional para que quen "practicando pseudo xornalismo vulneren os códigos deontolóxicos" sexan "privados de financiamento público". Na imaxe, antidisturbios deteñen unha persoa ante o Parlamento en 2014 [CC BY-SA Praza.gal]
- Día da Liberdade de Prensa en Galicia: das eternas materias pendentes á lei europea que vén
- HEMEROTECA (2023) | O Colexio de Xornalistas critica que continúe en vigor a "perniciosa" Lei Mordaza, un "retroceso á liberdade de prensa"
- HEMEROTECA (2022) | Un policía multa un home coa 'lei mordaza' na Coruña porque os seus fillos de 2 e 4 anos xogaban na oficina do DNI
- HEMEROTECA (2015) | "O máis grave da nova lei de seguridade xa está conseguido: o medo"
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/531f3a0a40040-1901361-10203189557490429-1340026510-n-57ca028.jpeg)