O Parlamento recibe ás nenas e nenos saharauís que pasan o verán en Galicia no marco do proxecto Vacacións en Paz da man da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). O presidente da Cámara, Miguel Santalices, e membros de todos os grupos parlamentarios deron a benvida ás crianzas e ás familias que as acollen. O proxecto leva en marcha máis de tres décadas nas que chegaron a Galicia máis de 7.000 nenas e nenos.
- HEMEROTECA | 'Vacacións en paz' en Galicia para máis dun cento de nenas e nenos saharauís malia á convulsión política
- HEMEROTECA | O conflito recrúa no Sáhara: de gozar os veráns en Galicia a adestrarse para a guerra
- HEMEROTECA | "O pobo saharahuí non pode vivir da solidariedade, quere vivir dos recursos da súa propia terra"
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/img-8827-large-8564c0d.jpeg)