O Parlamento Europeo reelixe a Ursula Von der Leyen como presidenta da Comisión Europea. A popular alemá obtivo unha cómoda maioría absoluta con 401 votos a prol fronte a 284 en contra, 15 abstencións e 7 nulos. Aínda que a votación é secreta, as grandes familias políticas da Eurocámara, populares e socialdemócratas, evidenciaron o seu apoio a Von der Leyen xunto aos liberais e parte do grupo dos Verdes. Entre os referentes galegos das forzas políticas, os populares Millán Mon e Vázquez Lázara votaron a prol, así como o socialista Nicolás González Casares, mentres que Ana Miranda, eurodeputada do BNG, votou "non". No seu discurso, a presidenta da Comisión avanzou medidas como un "plan europeo de vivenda" a prezos asumibles pola poboación ou un membro da nova Comisión dedicado especificamente á Pesca. [Imaxe: © Parlamento Europeo]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/1721307472400-20240718-ep-170516b-stp-mcu-528-mobile-6dab650.jpeg)