Xunta e Deputación de Pontevedra asinan a compra do antigo Cine Fraga de Vigo a Abanca por 9,3 millóns de euros, dos que o 51% é achegado polo Goberno galego e o restante, pola institución provincial. O histórico edificio chegara a ser rehabilitado case por completo por Caixa Galicia un proxecto que ascendía a 16 millóns de euros, iniciado apenas dous anos antes da fusión con Caixanova. Este mesmo venres o Concello de Vigo aprobou en pleno pedir a Abanca a "cesión ou doazón gratuíta á cidade" e lamentou a "opacidade" da operación pechada pola Xunta.
