Riazor será un dos 11 estadios propostos pola Federación Española de Fútbol para acoller o Mundial 2030, segundo vén de confirmar a RFEF. Na lista finalmente non se atopa Balaídos, a pesar dos intentos realizados nas últimas semanas polo Goberno español para incluír a sede olívica. A Coruña será unha das cidades mundialistas, xunto con Madrid, Barcelona, Bilbao, Donostia, Zaragoza, Sevilla, Málaga e As Palmas de Gran Canaria. A proposta da RFEF inclúe tamén unha serie de subsedes, entre as que aparecen a Cidade Deportiva Afouteza e a Cidade Deportiva A Madroa (en Vigo).
