Pere Aragonès non collerá a acta de deputado e abandonará a primeira liña política. O ata agora president da Generalitat e candidato nas eleccións catalás deste 12M por ERC, asegura que o fai "por responsabilidade co país" e co seu partido tras os malos resultados da formación republicana. Pola súa banda, Carles Puigdemont, líder de Junts, avanza que ten a intención de presentarse como candidato á investidura no debate que terá lugar no Parlament.
