O Ministerio de Sanidade impón pola gripe a máscara obrigatoria nos centros sanitarios, que en Galicia xa era recomendada desde hai dez días.
Fálase
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deixará o Concello e será candidata nas galegas tras Besteiro, segundo avanza El Progeso e puido confirmar Praza.gal. O diario lucense di que rexedora será a número 2 da lista do PSdeG por Lugo, que encabezará Besteiro.
El País publica este luns unha enquisa que reflicte unha lixeira baixada na intención de voto ao PP, que mantería a maioría absoluta. BNG e PSdeG mellorarían lixeiramente os seus resultados e Sumar non lograría ningún escano.
O 7 de xaneiro de 1950, hai hoxe 74 anos, finaba en Bos Aires Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O seu cabodano foi celebrado este domingo en varios lugares de Galicia, especialmente na súa vila natal, Rianxo, onde o BNG celebrou un acto de homenaxe.
- O Estado recoñece e repara a Castelao na homenaxe ás vítimas da represión á que rexeita ir Feijóo
- ENTREVISTA | Miguel Anxo Seixas: "Castelao é unha liña recta. Eticamente non hai nada que reprocharlle"
- REPORTAXE | O legado da emigración na Arxentina vira en eterno na sede do Centro Gallego malia a súa venda
La Voz de Galicia publica este domingo unha enquisa de intención de voto para as eleccións ao Parlamento galego do vindeiro 18 de febreiro. O PP mantería a súa maioría absoluta, aínda que perdería apoios e tres deputados. O BNG seguiría a liderar a oposición, mellorando un escano, o mesmo que o PSdeG. Sumar entraría no Parlamento cun representante.
A Delegación do Goberno en Galicia asegura que informou a Xunta da vertedura de 'pellets' de plástico o pasado 20 de decembro. En concreto, traslada que o xefe do servizo de Salvamento Marítimo de Fisterra comunicou ao subdirector do servizo de Gardacostas a chegada destas pequenas bólas de plástico procedentes dun contedor que navegaba en augas de Portugal. [Fotografía: Noia Limpa]
A ONU apercibe a mineira de San Finx e o Estado polas súas denuncias "abusivas" a Ecoloxistas en Acción. Segundo Nacións Unidas, a empresa emprega as demandas para "intimidar as persoas defensoras do medio ambiente".
Pachi Vázquez rexistra unha coalición entre Espazo Común e Unidade Local para presentarse ás eleccións galegas do 18F nas catro provincias. O ex-secretario xeral do PSdeG e actual concelleiro de Espazo Común no Carballiño conta con que se sumen máis formacións.
Os bombeiros de Vigo anuncian que non participarán na Cabalgata de Reis pola "alarmante falta de persoal". Será a primeira vez que o persoal non percorrerá as rúas da cidade, tal e como explica Vigo sen Bombeiros, colectivo apoiado por CCOO, CUT, CIG e UGT.
Fillas de Cassandra presenta un novo espectáculo que só existirá no directo, Últimas Dionisíacas, que verá a luz o 16 de febreiro en Vigo. O dúo formado por María SOA e Sara Faro, que vén de xirar polo país co seu disco debut, Acrópole, presenta unha nova proposta escénica e musical que supón "un convite ao festexo colectivo e catártico" e na que estarán acompañadas polas músicas Tania Caamaño e Marina Vidal, coa axuda de Berto na produción. O hall do Auditorio Mar de Vigo acolle a posta en escena, coas entradas xa á venda.