Un accidente múltiple na AP-9, na saída da Coruña, provoca retencións de máis de dous quilómetros. Hai varios vehículos implicados.

Un accidente múltiple na AP-9, na saída da Coruña, provoca retencións de máis de dous quilómetros. Hai varios vehículos implicados.
O BNG rexeita a moción de censura en Ribeira cun concorrido acto de apoio ao aínda alcalde, Luís Pérez Barral. "Poderán quitarnos o goberno cunha moción vergoñenta, pero non a razón, nin a vontade de facer de Ribeira un lugar mellor para a maioría", di Ana Pontón, quen augura que Pérez Barral volverá á alcaldía en 2027. O PP descualifica o acto como "choromicada" a través da súa secretaria xeral, Paula Prado. [Imaxe: BNG]
Pistacatro gaña o Premio Nacional de Circo que concede o Ministerio de Cultura. O xurado destaca o "rigor" e "carisma" das súas creacións e sinala os espectáculos Drop e Orquestra de malabares. "Foron impulsores do novo circo galego e descubridores de artistas emerxentes durante os últimos vinte anos", salientan. [Imaxe: © Pistacatro]
Yolanda Díaz anuncia a ampliación do permiso laboral por falecemento de familiar ata dez días. A ministra de Traballo informa de que se iniciarán os trámites para introducir os cambios no Estatuto dos Traballadores.
Acordo para a primeira fase dun alto o fogo entre o Estado de Israel e Hamás, segundo avanzou o presidente dos EUA. O pacto, indicou Trump, implica a retirada das tropas israelís en Gaza, liberación de prisioneiros e entrada de axuda humanitaria na franxa.
O Congreso aproba o embargo de armas a Israel co voto a favor de 178 deputados fronte ao voto en contra de 169 de PP e Vox. A dereita e extrema dereita estatal segue negándose a considerar un xenocidio o que está a cometer Israel en Gaza.
A ausencia dun deputado do PP en viaxe de voda facilita ao Goberno de Sánchez aprobar a nova Lei de Mobilidade Sostible. A viaxe do deputado canario Guillermo Mariscal non é un dos supostos que contempla a normativa do Congreso para permitir o voto telemático. Na mañá deste mércores Sánchez pechou a súa resposta ás preguntas de Feijóo no Congreso cun "ánimo Alberto". [Foto: Congreso dos Deputados]
O PSdeG de Narón critica que o concelleiro de Sanidade, de Terra Galega, se fotografase con Laureano Oubiña nas contas oficiais do Concello. O grupo socialista considera unha "falta de respecto" ás vítimas da droga publicitar a participación de Oubiña, condenado por narcotráfico, na Feira do Mel da localidade.
CIG-Ensino anuncia dúas xornadas de folga para o 28 e 29 de outubro "se a Consellaría de Educación non rectifica e negocia melloras laborais reais". O sindicato maioritario na ensinanza, co apoio de STEG, piden ao resto de organizacións sindicais "que se sumen ás accións de presión para reverter os recortes e avanzar en novos dereitos que redunden na mellora da calidade do ensino público galego".
A Coruña homenaxea a Pucho Boedo cun mural xigante no barrio do Ventorrillo. A obra de Primo Rodríguez e Pow será presentada o vindeiro 10 de outubro nas festas do barrio.