Yolanda Díaz anuncia a ampliación do permiso laboral por falecemento de familiar ata dez días. A ministra de Traballo informa de que se iniciarán os trámites para introducir os cambios no Estatuto dos Traballadores.

Yolanda Díaz anuncia a ampliación do permiso laboral por falecemento de familiar ata dez días. A ministra de Traballo informa de que se iniciarán os trámites para introducir os cambios no Estatuto dos Traballadores.
Acordo para a primeira fase dun alto o fogo entre o Estado de Israel e Hamás, segundo avanzou o presidente dos EUA. O pacto, indicou Trump, implica a retirada das tropas israelís en Gaza, liberación de prisioneiros e entrada de axuda humanitaria na franxa.
O Congreso aproba o embargo de armas a Israel co voto a favor de 178 deputados fronte ao voto en contra de 169 de PP e Vox. A dereita e extrema dereita estatal segue negándose a considerar un xenocidio o que está a cometer Israel en Gaza.
A ausencia dun deputado do PP en viaxe de voda facilita ao Goberno de Sánchez aprobar a nova Lei de Mobilidade Sostible. A viaxe do deputado canario Guillermo Mariscal non é un dos supostos que contempla a normativa do Congreso para permitir o voto telemático. Na mañá deste mércores Sánchez pechou a súa resposta ás preguntas de Feijóo no Congreso cun "ánimo Alberto". [Foto: Congreso dos Deputados]
O PSdeG de Narón critica que o concelleiro de Sanidade, de Terra Galega, se fotografase con Laureano Oubiña nas contas oficiais do Concello. O grupo socialista considera unha "falta de respecto" ás vítimas da droga publicitar a participación de Oubiña, condenado por narcotráfico, na Feira do Mel da localidade.
CIG-Ensino anuncia dúas xornadas de folga para o 28 e 29 de outubro "se a Consellaría de Educación non rectifica e negocia melloras laborais reais". O sindicato maioritario na ensinanza, co apoio de STEG, piden ao resto de organizacións sindicais "que se sumen ás accións de presión para reverter os recortes e avanzar en novos dereitos que redunden na mellora da calidade do ensino público galego".
A Coruña homenaxea a Pucho Boedo cun mural xigante no barrio do Ventorrillo. A obra de Primo Rodríguez e Pow será presentada o vindeiro 10 de outubro nas festas do barrio.
O Goberno de España aproba o uso do cannabis medicinal, que precisará receita e só se dispensará nos hospitais. Estará indicado unicamente para casos como dor crónica, esclerose múltiple, espasticidade, epilepsia ou quimioterapia
A Asociación Cunchas e Flores de Bueu crea unha alfombra efémera, Cunchas e compás, que celebra a obra de Maruja Mallo para a inauguración da mostra dedicada á artista de Viveiro no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. A exposición retrospectiva Máscara y compás poderá visitarse a partir deste 8 de outubro e ata o 16 de marzo de 2026 en Madrid. [📸 © MNCARS]
O BNG anuncia que vén de pactar co PSOE "desbloquear a tramitación da lei para a transferencia da AP-9" no Congreso. A norma comezou a ser tramitada por terceira vez en 2024 e acumula máis de medio cento de prórrogas de prazo de emendas. Agora, avanza o deputado do Bloque, Néstor Rego, "conseguimos que o PSOE se movese e que a Mesa do Congreso feche o prazo", agrega, no marco das negociacións para o proxecto de Lei de Mobilidade Sostible, que recollerá varias achegas da formación nacionalista. "O noso obxectivo é que sexa unha realidade antes de que remate este ano", sostén Rego.