O BNG anuncia que vén de pactar co PSOE "desbloquear a tramitación da lei para a transferencia da AP-9" no Congreso. A norma comezou a ser tramitada por terceira vez en 2024 e acumula máis de medio cento de prórrogas de prazo de emendas. Agora, avanza o deputado do Bloque, Néstor Rego, "conseguimos que o PSOE se movese e que a Mesa do Congreso feche o prazo", agrega, no marco das negociacións para o proxecto de Lei de Mobilidade Sostible, que recollerá varias achegas da formación nacionalista. "O noso obxectivo é que sexa unha realidade antes de que remate este ano", sostén Rego.
- HEMEROTECA (2024) | O Congreso inicia por terceira vez o trámite do traspaso da AP-9
- CRÓNICA POLÍTICA | AP-9: non penses en Aznar