As Plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa (PDRA) convocan unha manifestación nacional contra Altri o 14 de decembro en Santiago. Advirten de que "estamos nun punto de inflexión" e que "é máis necesario ca nunca continuar coa presión mobilizadora para soterrar definitivamente este proxecto" que "ataca directamente o modo de vida da comarca da Ulloa, a calidade das augas do río Ulla, e a supervivencia da pesca e o marisqueo na ría de Arousa". A mobilización coincide co aniversario da marcha que o ano pasado ateigou a Praza do Obradoiro ao berro de "Altri Non".
👉🏻 Máis información:
- Altri afronta unha batalla xudicial mentres Besteiro insta a Xunta a parar de vez o proxecto
- Altri albisca negro o seu futuro en Galicia aos catro anos de aterrar da man da Xunta
- Besteiro anticipa que Altri queda sen conexión eléctrica: "Non ten futuro en Galicia"
- BNG e PSdeG ven na disolución de Impulsa Galicia outro intento de ocultar xestións como a chegada de Altri
