A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e profesionais sanitarias do centro de saúde Nicolás Peña concéntranse para denunciar que a apertura do centro integrado de saúde Olimpia Valencia supón "unha fraude para a sanidade pública" porque "o que se fai é pechar recursos para abrir outro co que non sumamos estrutura para a atención primaria". Con este novo centro sanitario, o Sergas pechará outros dous na cidade, o de López Mora e mais o Nicolás Peña, e non contratará a máis facultativos para pasar consulta: "As usuarias saben os problemas que hai de lista de agarda para acceder a calquera profesional", incidiu o voceiro de SOS en Vigo, Manuel Moreira, quen tamén incidiu en que a Pediatría vai traballar en "precariedade" no Olimpia Valencia.
