Carmen V. Valiña gaña o Premio Narrativa Breve Repsol coa obra A illa que supuraba sangue, que será publicada pola Editorial Galaxia. O xurado salienta que "está escrita cunha prosa de fino burilado e tinturas líricas, esta narración ábrese tamén á intriga coa desesperación dunha das protagonistas, misterio que nos levará ata un final que, de seguro, lle resultará a quen lea tan sorprendente coma desacougante". O ditame deuse a coñecer este mércores en Vigo [📸 CC-BY-SA Secretaría Xeral da Lingua]
- ENTREVISTA | Carmen V. Valiña: "Elas teñen a vontade de seguir resistindo, aínda que sexa dentro dos muros dun manicomio"
