O histórico Evencio Ferrero dá a remuda na alcaldía de Carballo tras 22 anos e será substituído por Daniel Pérez, actualmente concelleiro de Deportes e tamén deputado no Parlamento, que será o cabeza de cartel do BNG nas eleccións de 2027. A asemblea carballesa do Bloque tomou a decisión por unanimidade nun dos emblemas municipais da formación soberanista, que goberna con maioría absolutal. Ferrero, de 70 anos, xa manifestara a súa intención de preparar a súa retirada tras unha dilatadísima vida municipal. Máis información, hoxe en Praza.gal. Na imaxe, Ferrero e Pérez con Ana Pontón nun acto electoral en 2024.
