A CIG convoca unha xornada de paro xeral en Galicia para o vindeiro 15 de outubro para reclamar "a fin do xenocidio e da ocupación ilegal de Palestina". O sindicato chama a un paro de catro horas por quenda laboral: das 10 ás 14 horas na quenda de mañá, das 18 ás 22 horas na quenda de tarde e das 22 horas do día 14 ás 2 horas do día 15 na quenda de noite. Así mesmo, anima a concentrarse ese mesmo día pola mañá diante dos centros de traballo e a mobilizarse nas vilas e cidades a partir das 19.30 horas.
