O Tribunal Superior denega suspender cautelarmente a taxa turística de Santiago, como pedía a Asociación Unión Hotelera. O TSXG conclúe que os intereses desta patronal hoteleira non teñen rango superior ao interese público "inherente aos investimentos e gastos aos que afecta o importe recadado" por este novo tributo, que entra en vigor este 1 de outubro na capital galega.
