O Estado concede 150.000 euros á Deputación da Coruña para exhumacións de fosas de vítimas da ditadura. O Consello de Ministros vén de aprobar por Real Decreto distribución de 2,4 millóns á Federación Española de Municipios e Provincias, cinco deputacións e catro concellos para uns labores que, no caso galego, se suman aos financiados cos fondos que Memoria Democrática vén enviando á Xunta, que á súa vez os transfire ao grupo Histagra da USC para que asuma todos os traballos -este ano, intervencións en 8 fosas- sen que o Goberno galego figure neles. Na imaxe, traballos de Histagra no cemiterio naronés do Val.
- Os fondos estatais de Memoria Democrática permiten intervir en oito fosas galegas dos golpistas en 2025
- HEMEROTECA | O censo estatal de vítimas do franquismo basearase no proxecto pioneiro que a Xunta abandonou
- HEMEROTECA | Corpos ocultos "para tapar a magnitude dos crimes": a tese gaña forza nas fosas galegas dos golpistas
