Janet Novás, Premio Nacional de Danza 2025 na modalidade de interpretación. A artista porriñesa foi recoñecida co galardón do Ministerio de Cultura, dotado con 30.000 euros, xunto co onubense Guillermo Weickert. O xurado destacou "a excelencia técnica e o gran magnetismo dos seus traballos". Ademais de bailarina, Novás e actriz e o pasado ano fíxose co Goya á mellor actriz revelación por O corno.
