Nacen os Premios do Castro para recoñecer os profesionais da xestión cultural do país. A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural crea os galardóns como homenaxe ao proxecto cultural e empresarial de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias Mimina. Madó Santos Maneiro, na imaxe, técnica de Cultura do Concello de Muros, obtén o premio na súa primeira edición polo seu traballo a prol da participación da cidadanía nas propostas culturais da vila. Recollerao o 16 de outubro nunha xornada profesional no Pazo de Mariñán.
