Confirmadas unha quincena de mobilizacións en Galicia en solidariedade coa Global Sumud Flotilla tras ser interceptada polo Exército israelí cando se dirixía a Gaza e moitos dos seus compoñentes, feitos prisioneiros. A sección galega do Movemento Global para Gaza subliña a esixencia de "protección desta misión humanitaria e a apertura dun corredor que permita romper co cruel bloqueo que está a sufrir Gaza", así como "a inmediata liberación das activistas humanitarias secuestradas" e garantías para a súa seguridade. Pódese seguir aquí a retransmisión ao vivo das embarcacións da Flotilla non bloqueadas polo Estado de Israel.
