O PSdeG acusa o PP de bloquear o Parlamento para que Rueda marche de vacacións. Lara Méndez denuncia "o enésimo desprezo institucional" do Partido Popular e cualifica de "tomadura de pelo" a excusa de que o presidente da Xunta vai recuperar as vacacións canceladas pola vaga de lumes para o atraso do pleno da Cámara. A socialista sinala que "xa no mes de xullo se sabía que o Pleno se ía atrasar por cuestións de axenda". "De verdade sabían en xullo que iamos ter a peor vaga de lumes do ano? Non insulten a intelixencia da xente", asevera Méndez.
