O Goberno de España aproba o uso do cannabis medicinal, que precisará receita e só se dispensará nos hospitais. Estará indicado unicamente para casos como dor crónica, esclerose múltiple, espasticidade, epilepsia ou quimioterapia

O Goberno de España aproba o uso do cannabis medicinal, que precisará receita e só se dispensará nos hospitais. Estará indicado unicamente para casos como dor crónica, esclerose múltiple, espasticidade, epilepsia ou quimioterapia
A Asociación Cunchas e Flores de Bueu crea unha alfombra efémera, Cunchas e compás, que celebra a obra de Maruja Mallo para a inauguración da mostra dedicada á artista de Viveiro no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. A exposición retrospectiva Máscara y compás poderá visitarse a partir deste 8 de outubro e ata o 16 de marzo de 2026 en Madrid. [📸 © MNCARS]
O BNG anuncia que vén de pactar co PSOE "desbloquear a tramitación da lei para a transferencia da AP-9" no Congreso. A norma comezou a ser tramitada por terceira vez en 2024 e acumula máis de medio cento de prórrogas de prazo de emendas. Agora, avanza o deputado do Bloque, Néstor Rego, "conseguimos que o PSOE se movese e que a Mesa do Congreso feche o prazo", agrega, no marco das negociacións para o proxecto de Lei de Mobilidade Sostible, que recollerá varias achegas da formación nacionalista. "O noso obxectivo é que sexa unha realidade antes de que remate este ano", sostén Rego.
O PSdeG acusa o PP de bloquear o Parlamento para que Rueda marche de vacacións. Lara Méndez denuncia "o enésimo desprezo institucional" do Partido Popular e cualifica de "tomadura de pelo" a excusa de que o presidente da Xunta vai recuperar as vacacións canceladas pola vaga de lumes para o atraso do pleno da Cámara. A socialista sinala que "xa no mes de xullo se sabía que o Pleno se ía atrasar por cuestións de axenda". "De verdade sabían en xullo que iamos ter a peor vaga de lumes do ano? Non insulten a intelixencia da xente", asevera Méndez.
As Plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa (PDRA) convocan unha manifestación nacional contra Altri o 14 de decembro en Santiago. Advirten de que "estamos nun punto de inflexión" e que "é máis necesario ca nunca continuar coa presión mobilizadora para soterrar definitivamente este proxecto" que "ataca directamente o modo de vida da comarca da Ulloa, a calidade das augas do río Ulla, e a supervivencia da pesca e o marisqueo na ría de Arousa". A mobilización coincide co aniversario da marcha que o ano pasado ateigou a Praza do Obradoiro ao berro de "Altri Non".
👉🏻 Máis información:
"É unha manifestación numerosa e non temos máis que dicir", sinala a Xunta sobre a marcha en apoio de Gaza deste domingo en Santiago. O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, en funcións de presidente ante as vacacións de Alfonso Rueda, di que "non iamos ningún do PPdeG nesa flotilla pero pouco máis podiamos facer", reiterando o seu rexeitamento a "os ataques que está a facer Israel".
Diego Calvo asume as funcións ordinarias da presidencia da Xunta dende este luns e "ata o regreso" de Alfonso Rueda. O DOG publica este 6 de outubro decreto que encarga "o despacho dos asuntos" da súa competencia ao conselleiro da Presidencia mentres Rueda está de vacacións tras cancelalas durante a vaga de incendios de agosto. Na imaxe, Rueda e Calvo o pasado setembro no Parlamento [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
‘San Simón’, mellor película do Panorama Galicia do OUFF. A ópera prima de Miguel Ángel Delgado faise coa Calpurnia á Mellor Película na Sección Oficial Panorama Galicia do Festival de Cine Internacional de Ourense. Esta foi a primeira vez que o filme se puido ver en Galicia nun festival de cine logo da súa estrea no Festival de San Sebastián. San Simón chegará ás salas de cinema o próximo 24 de outubro.
[Foto: Katalauta - OUFF]
“Sionistas fóra do Grove”: denuncian a “provocadora presenza” do ex-primeiro ministro de Israel Ehud Olmert no ‘Foro La Toja’ . Unha marcha convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina percorre A Toxa para protestar polo “lavado de cara ao réxime terrorista de Israel”.
[Foto: Martín González]
Na recolleita dos nomes do mar, “un tesouro inmaterial” que corre o risco de desaparecer. A X Xornada de Onomástica Galega da Real Academia Galega, reúne este sábado no Museo de Pontevedra estudosos da talasonimia e traballadores do mar que custodian na súa memoria nomes de cons, cantís, abras, concheiros ou fondos mariños creados para as funcións que hoxe prestan tecnoloxías coma o GPS