Alfonso Rueda acode este xoves ao programa Land Rober da TVG dentro da súa longa campaña para darse a coñecer á cidadanía galega. Feijóo foi ao mesmo programa en 2016 catro días despois de obter a súa terceira maioría absoluta nas eleccións galegas de setembro daquel ano, mentres que Rueda faino ao tempo que vén de lanzar a precampaña dos próximos comicios cunha xira para "manter un contacto máis directo cos galegos e as galegas".
- Rueda inicia a precampaña electoral: o PPdeG anuncia que percorrerá o país "para atender as preocupacións reais" da poboación
- Rueda tenta atraer os focos tras un verán dominado por Feijóo e Sánchez a menos dun ano para as eleccións galegas
- HEMEROTECA (12/7/2022) | Rueda segue a presentarse no inicio da segunda metade da lexislatura galega
