A Audiencia Provincial de Pontevedra ordena indemnizar con 15.000 euros a Laureano Oubiña por vulnerar o seu dereito á intimidade nunha escena sexual da serie 'Fariña', baseada no libro de Nacho Carretero sobre o narcotráfico en Galicia e producida por Bambú e Atresmedia e Netflix. A xustiza entende que esa escena coa súa falecida segunda esposa non está xustificada "pola liberdade creativa innegable dos creadores e produtores" e falla a favor de eliminar esas imanes das plataformas nas que aínda se pode ver a serie. Os maxistrados non estiman o resto das peticións de Oubiña contra a serie na súa sentenza, contra a que cabe interpoñer recurso. [Na imaxe © Netflix, Carlos Blanco interpretando a Oubiña en 'Fariña' e Javier Rey como Sito Miñanco]
