Acordo PSOE-PP para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial tras máis de cinco anos de bloqueo. Ambas formacións pechan o pacto coa intermediación da Comisión Europea, que vén urxindo o desbloqueo, e acordan tamén tramitar unha reforma legal no Congreso en materia de "independencia" xudicial, así como nomear un novo membro do Constitucional a proposta dos populares. Entre as incorporacións ao órgano de goberno da xudicatura estará José Luis Costa Pillado, presidente do Consello Consultivo de Galicia a proposta do PP dende 2014. Na imaxe, sede do Consello do Poder Xudicial, que agora é renovado
- AMPLIAMOS | PSOE e PP pactan a renovación do Poder Xudicial tras cinco anos e medio caducado
- HEMEROTECA | Feijóo quere colocar no Constitucional o seu maxistrado de referencia do órgano que avala decisións da Xunta
- HEMEROTECA | Feijóo rompe a última hora: do Estatuto e o decreto do galego ao Poder Xudicial
