Marilar Aleixandre, distinguida co Premio Luís Porteiro Garea "polo seu compromiso coa lingua galega no ensino das ciencias". A escritora e catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais e profesora ad Honorem da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago recibe o premio, organizado pola USC, con "enorme alegría" porque implica recoñecer que "a lingua galega pode e debe ser utilizada no ensino das ciencias, e empregala supón establecer un modelo para o alumnado que conformará as vindeiras xeracións de docentes". [Imaxe: © Santi Alvite / USC]
- HEMEROTECA | 'As malas mulleres' de Marilar Aleixandre gañan un Premio Nacional de Narrativa ata agora inzado de homes
- HEMEROTECA | Marilar Aleixandre ingresa na RAG cun chamado a "termar da paisaxe"
- HEMEROTECA | "É moi importante que haxa máis mulleres nas institucións, mais tamén que haxa mulleres feministas"
- HEMEROTECA | Un texto de Marilar Aleixandre e Ánxela Bugallo, o artigo de investigación educativa máis citado da última década
