O Goberno de España pacta con EH-Bildu prorrogar a prohibición dos cortes de subministros básicos (luz, auga e gas) e o mantemento da tarifa rebaixada para caldeiras comunitarias ata xaneiro de 2025. A formación soberanista vasca garante con este acordo o seu voto favorable ao decreto polo que se prorrogarán as medidas do Executivo do PSOE e Sumar fronte á crise de prezos, que o Consello de Ministros aprobará proximamente.
- Os prezos dispáranse en Galicia ao maior ritmo do Estado coa inflación máis elevada do último ano
- HEMEROTECA | A poboación galega que non pode pagar por ter a casa á temperatura axeitada é a maior en quince anos
- HEMEROTECA | O Goberno de España mantén os descontos en transporte e alimentos e o imposto á banca
