O pleno do Concello de Santiago aproba a ordenanza que completa a limitación de pisos turísticos cos votos en contra do PP. O grupo municipal socialista no Concello anunciou no pleno que votaría a favor, en contra da dirección marcada polo partido en Compostela, e uniuse á proposta de BNG e Compostela Aberta. “Hoxe decidimos ser leais e consecuentes. Leais coa cidade, cos veciños, co que defende o PSOE en España e en Galicia e co que defendemos sempre estes concelleiros. Debemos ser consecuentes co que fixemos e coherentes co que dicimos”, defendeu a concelleira socialista Mercedes Rosón.
- AMPLIAMOS 👉 A norma que completa o freo a pisos turísticos en Santiago, aprobada co PSdeG malia á orde da dirección do partido
- ENTREVISTA | Iago Lestegás: "Queremos xente vivindo na cidade histórica e sen comercio de proximidade non hai residentes"
- O goberno de Santiago frea as tendas de recordos para dar aire ao comercio tradicional
