O mural de Diego As (Diego Anido) na Ronda da Muralla de Lugo baseado na figura de Xulio César, elixido mellor mural urbano do mundo do 2021 na votación da plataforma Street Art Cities. O deseño, que é parte do proxecto Urban Cores do Concello lucense, xa fora elixido mellor graffiti do mundo no mes de agosto do pasado ao na votación organizada pola mesma rede de artistas. O premio "eleva a icona do Arde Lucus e da cidade a símbolo mundial", sinala a alcaldesa lucense, Lara Méndez. [Imaxe: CC-BY-SA Praza.gal]
Fálase
O PP gaña en Castela e León as eleccións que adiantou tras romper o goberno con Ciudadanos pero pasa agora a depender de Vox. A principal mudanza nas Cortes autonómicas é o crecemento da extrema dereita, que tiña un escano e medra nunha ducia, en proporción ao que perde Ciudadanos.
Este domingo está activa unha alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña, co resto da costa galega en situación amarela. Meteogalicia tamén prevé chuvias xeneralizadas en todo o país e neve no leste por riba dos 900 metros.
Ribadeo e Cangas acolleron este sábado mobilizacións en defensa das pensións.
- Máis información das reivindicacións: Suba das pensións mínimas e revalorización co IPC, demandas do movemento pensionista, que se manifesta en Ribadeo e Cangas
Ferrol presenta unha web da súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, coa nova marca “Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración”. A candidatura ferrolá forma parte desde 2007 da trintena de aspirantes actuais en todo o Estado a ser recoñecidas pola Unesco.
O Ministerio de Transportes aproba o proxecto para diversas melloras viarias que quedaron pendentes tras a ampliación da ponte de Rande hai agora catro anos.
Un artigo de The Economist aborda o enorme impacto da participación das Tanxugueiras no Benidorm Fest, a importancia dos idiomas oficiais do Estado diferentes do castelán e a controversia causada pola broma a respecto das linguas inventadas durante a retransmisión do evento. O texto aborda tamén a cuestión das ligazóns entre o galego e o portugués e o debate de seren ou non o mesmo idioma. [Foto: © Rocío Cibes]
O TSXG autoriza a Xunta a seguir esixindo a presentación do certificado COVID (de vacinación, test negativo ou recuperación) ata o 26 de febreiro onde xa era obrigatorio, isto é, en negocios hostaleiros, pubs e discotecas e mais en visitas a hospitais e outros centros sanitarios e residenciais, albergues, instalacións deportivas pechadas e "eventos multitudinarios". O Tribunal baséase na doutrina do Supremo que, lembra, considerou a medida "adecuada e acorde coas esixencias derivadas da protección da saúde" e subliña que se aplica nun contexto no que "a COVID-19 continúa tendo unha elevada circulación" en Galicia, segundo os datos do Sergas.
Berto lanza O teu mandil, o primeiro sinxelo de adianto do seu novo E.P. en solitario, Bailar Chikito. Defíneo como "un tema Electro-Gypsy pensado para o baile e o desfrute" que lanza en colaboración con Marinha. Pódese escoitar xa en Spotify, en Tidal e no resto de principais plataformas musicais.
O DOG publica o decreto que regula a matrícula escolar para o curso 2022-23, con novos criterios para a admisión do alumnado. Máis puntos por domicilio, por parto múltiple ou para infancia afectada pola violencia machista no seu fogar, entre as principais novidades.