Amelia Pérez, reelixida secretaria xeral do sindicato nacional de CCOO de Galicia no seu 13º congreso. Seguirá á fronte de Comisións os vindeiros catro anos. Roberto García, pola súa banda, foi reelixido á fronte de Unións Agrarias.

Amelia Pérez, reelixida secretaria xeral do sindicato nacional de CCOO de Galicia no seu 13º congreso. Seguirá á fronte de Comisións os vindeiros catro anos. Roberto García, pola súa banda, foi reelixido á fronte de Unións Agrarias.
O conselleiro de Sanidade critica que o informe do Consello de Contas sobre o Plan galego de saúde mental 2020-2024 “limítase” a estudar “só tres anos” e “non ten en conta o gasto de persoal”. Ante a reacción dos partidos da oposición, que cualifican como “demoledor” o resultado da análise de Contas, Antonio Gómez Caamaño sinala que BNG e PSdeG “ou non leron o informe, ou o leron e non o entenderon, ou o leron e o entenderon e menten”. [📸 Na imaxe, o conselleiro este venres nunha visita ás obras do hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil de Ferrol CC-BY-SA Consellería de Sanidade]
O CSD autoriza a venda do Club Deportivo Lugo. Un grupo investidor mexicano mercará o 75% das accións de Tino Saqués para facerse coa entidade albivermella. Foto: © CDLugo
Sirat, de Oliver Laxe, acollida entre aplausos na súa estrea no Festival de Cannes. Esta é cuarta película de Laxe e a cuarta vez que participa no certame francés, con O que arde gañou o premio do xurado da sección Un Certain Regard, mais é a primeira ocasión na que o fai dentro da sección oficial e opta á Palma de Ouro. Ao remate da proxección do filme este xoves, Oliver Laxe agradeceu ao Festival de Cannes a súa aposta polo "cinema fráxil e forte ao mesmo tempo" e celebrou que no Estado español, representado tamén na sección oficial por Romería, de Carla Simón, se faga un cine "cada vez con máis alma". [📸 Movistar Plus+]
Rueda di ante o Lehendakari que a relación con Euskadi "convén moito" a Galicia e agradécelle a colaboración para lograr as competencias de xestión do litoral. O presidente mantivo o seu primeiro encontro con Imanol Pradales este xoves en Euskadi.
Centos de persoas protestan no centro de saúde de Viveiro contra a falta de médicos na Mariña e contra "as mentiras do PP". BNG e PSdeG apoiaron unha mobilización convocada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.
Pandeirada no prado. Casa Grande de Xanceda e o Concello de Mesía homenaxean as cantareiras que centran este ano o Día das Letras cunha peza recollida por Baldomero Iglesias, Mero, fillo predilecto do concello, e interpretada polas pandeireteiras e bailadoras da Escola de Música Tradicional da localidade. Con esta Muiñeira de Mesía a pé de prado procuran "facer visible que que a tradición da poesía oral é tan potente que chegou ata un grupo de mozas adolescentes, que cantan con orgullo desde o rural”, o cal "non sería posible en esas mulleres rurais irredutibles que a mantiveron e transmitiron un mundo e unha cultura". Esta muiñeira é parte do cancioneiro recollido no Museo do Pobo Galego na colección de Baldomero Iglesias e que conta con 13.404 coplas recollidas na contorna de Mesía. As pandeiretas para tocala son obra do artesán José Manuel Salvado, Sanín, que as deseñou en exclusiva "con parche de estampado de vaca, madeira negra e ferreñas bicolores" para "integrar a tradición e a modernidade".
Que autor ou autora das Letras Galegas es ti? Noemí García, profesora de Lingua Galega e Literatura, propón un test para saber con cal das homenaxeadas pola Academia estás máis identificado en función da túa personalidade. A partir de versos, frases e petiscos das súas biografías elabora nove preguntas que che levarán a unha das figuras literarias recoñecidas nestes anos. Este quiz é unha das iniciativas que García propón desde o seu proxecto As chaves da Lingua.
RTVE estreará en televisión o filme sobre Castelao Antes de nós, con guión de Pepe Coira, dirixido pola cineasta Ángeles Huerta e producido por Zaza Ceballos, despois do seu paso polas salas. A película, protagonizada por Xoán Fórneas como Castelao e Cris Iglesias como Virxinia Pereira, chega aos cines o vindeiro 23 de maio.
+INFO | O Castelao "máis íntimo" xa cobra vida no cinema en vésperas da estrea de 'Antes de nós'
Caamaño&Ameixeiras únense ás Tanxugueiras para lanzar unha Ghatiña Mansa que foxe do amor romántico. En vésperas do Día das Letras dedicado ás cantareiras, ambas bandas baséanse en coplas tradicionais nunha letra que reflexiona "sobre a solteiría como forma de resistencia fronte á lóxica do amor romántico e o parellocentrismo". O tema está dispoñible dende este martes en todas as plataformas.