Falece Olga López Racamonde, concelleira de Cohesión Social do Concello de Lugo, por mor do cancro que padecía. O de Racamonde é o terceiro pasamento no grupo do PSdeG e no goberno lucense no que vai de mandato, tras as mortes da alcaldesa Paula Alvarellos e do edil Pablo Permuy. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, despídea lembrándoa como "matrona, profesora, concelleira. Coidou de todos ata que o corpo xa non a deixou".