O TSXG autoriza a Xunta a seguir esixindo a presentación do certificado COVID (de vacinación, test negativo ou recuperación) ata o 26 de febreiro onde xa era obrigatorio, isto é, en negocios hostaleiros, pubs e discotecas e mais en visitas a hospitais e outros centros sanitarios e residenciais, albergues, instalacións deportivas pechadas e "eventos multitudinarios". O Tribunal baséase na doutrina do Supremo que, lembra, considerou a medida "adecuada e acorde coas esixencias derivadas da protección da saúde" e subliña que se aplica nun contexto no que "a COVID-19 continúa tendo unha elevada circulación" en Galicia, segundo os datos do Sergas.