Seis meses despois de crear unha empresa para explotar recursos naturais na que cede o 70% a socios privados, a Xunta retoma a lei que regulará a utilidade pública das súas actuacións. A disolución do Parlamento polas eleccións galegas do 18 de febreiro deixou sen tramitar a lei malia que a empresa xa está a funcionar.
