De por que ao raposo se lle chama Pedro aos significados de 'María' no cancioneiro. A VIII Xornada de Onomástica Galega explora este sábado dende Pontevedra a relación entre a cultura popular e os nomes propios con relatorios arredor dos cancioneiros ou os contos de tradición oral e os nomes das casas que designan as familias no rural. Pódese seguir a xornada en directo desde este enlace da Real Academia Galega.
