O Parlamento pide cos votos do PP e DO que o Goberno de España "suprimir a obrigatoriedade de rexistro das explotacións avícolas para autoconsumo", fixada por un decreto de hai tres anos. No transcurso do debate, o deputado do PP Silvestre José Balseiros -na imaxe- sentenciou que "non é fácil de entender" que "nun país no que se liberan presos etarras e violadores e non se condena os que atentaron contra a unidade de España haxa que rexistrar as galiñas". BNG e PSdeG abstivéronse e lembraron, entre outros aspectos, que esta obriga deriva dunha norma europea e reprochan que o Goberno do PP non centrase os seus esforzos en informar a poboación afectada.
Fálase
O Dépor celebra na Praza de María Pita o ascenso do equipo á máxima categoría do fútbol feminino, a Liga F. Na celebración, a alcaldesa Inés Rey destacou que “hoxe o orgullo da Coruña volve ser o orgullo das súas talentosas mulleres”, lembrando o camiño aberto hai un século por Irene González Basanta.
"Non foron unhas declaracións afortunadas", di Rueda da afirmación da nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez, de que os incendios intencionados van "no ADN de Galicia". BNG e PSdeG pediron o pasado venres "prudencia" e "desculpas" e o presidente asegura que xa o comentou coa conselleira pero insiste en que "hai unha enorme intencionalidade, outra cousa é que se poida demostrar".
O PP oficializa o nomeamento como un dos seus vicevoceiros parlamentario do ex-conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, substituíndo á agora conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue. As outras dúas vicevoceiras da formación son Paula Prado e Cristina Sanz.
Feijóo atribúe a Pedro Sánchez o éxito de EH-Bildu nas eleccións vascas. O líder do PP liga o presidente do Goberno de España cos resultados da formación abertzale considerando que "cando Sánchez chegou á política nacional", en referencia ao seu acceso á secretaría xeral do PSOE, "Bildu tiña 18 escanos" e agora "obtén 27". En realidade, na primeira ocasión en que o actual presidente liderou o PSOE (2014), había dous anos que EH Bildu tiña 21 escanos. En 2016 a coalición abertzale descendeu a 18, en 2020 ascendeu a 21 e este pasado domingo, a 27. Na fotografía, un mitin de EH Bildu, a pasada semana [Imaxe: EH Bildu]
O Deportivo ascende á Primeira División do fútbol feminino tras gañar este domingo 3-1 ao Cacereño.
Un mosaico humano en Santiago amosou este domingo a solidariedade de Galicia con Palestina. [Imaxe: Mar de Lumes]
A Xunta anuncia unha viaxe de Rueda a Arxentina do 1 ao 4 de maio para manter encontros con empresas pesqueiras e reunirse coa emigración. Na imaxe, da Xunta, Rueda na súa primeira viaxe como presidente a Arxentina e Uruguai, en outubro de 2022.
Euskadi, cunha importante presenza da diáspora galega, celebra eleccións este domingo, das que daremos conta en Praza.gal.
BNG e PSdeG reclaman "prudencia" e "desculpas" á nova conselleira do Medio Rural tras afirmar que os incendios "intencionados" van "no ADN de Galicia". A deputada do Bloque Montse Valcárcel, secretaria de Monte e Industrias Forestais do "goberno alternativo" artellado polo Bloque, coida que a afirmación de María José Gómez -na imaxe- "non foi ben meditada" porque "insinúa que os galegos e as galegas somos persoas potencialmente pirómanas" e insta o PP a "aplicar o mesmo sentidiño que constantemente piden á poboación". A voceira de Política Forestal do PSdeG, Carmen Dacosta, esíxelle "rectificar de inmediato" e lamenta que as súas declaracións amosen que "cre que non paga a pena parar a considerar os conceptos de xestión forestal, prevención ou abandono do rural".